Pazo de Xelmírez
Colección de instrumentos musicais, obxectos sonoros e arquivo documental do CENTRAD, Deputación de Lugo.
O proxecto de Investigación e reconstrucción de instrumentos de corda medievais foi desenvolvido no obradoiro de instrumentos musicais por un equipo multidisciplinar composto por: Christian Rault, Francisco Luengo, John Wright, Ramón Yzquierdo Perrín, Antonio Franco, Carlos Galbán, Jesús Pérez, Luciano Pérez e Xermán Arias, baixo a coordinación de Luciano Pérez. Para a súa presentación en público constituíuse un grupo de Músicos, AD HOC, Por que Trobar... composto por Anello Capuano, Equidad Barès, Francisco Luengo, François Johannel, Olivier Cherès, baixo a dirección de John Wright.
Foi posible grazas ao mecenado da Sociedade anónima de xestión 93 e a Deputación de Lugo.