O Proxecto de construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria (1990-91), unha iniciativa dos profesores J. López-Calo e C. Villanueva co mecenado da Fundación Barrié, revolucionou o desenvolvemento da lutería galega. A participación de grandes artesáns nacionais e internacionais en colaboración cos obradoiros de instrumentos das Deputacións de Lugo e Ourense e a asistencia de iconógrafos, filólogos e historiadores da Arte, conseguiron acadar resultados difícilmente imaxinables.
O proxecto principal tivo continuidade na construción dos instrumentos do Pazo Xelmírez (1993-95) -unha iniciativa da Deputación de Lugo- e do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense (1993), realizada polo Obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense.
A través desta exposición, comisariada por Montserrat Capelán e Carlos Villanueva, lembramos aqueles grandes proxectos que, sen dúbida, revolucionaron o mundo da lutería: en Galicia e no mundo.
O proxecto de construción dos instrumentos musicais medievais representados no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela (1990-1991), desenvolvido por un equipo multidisciplinar de expertos internacionais baixo a dirección dos profesores José López Calo e Carlos Villanueva, foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié.